quinta-feira, 20 de outubro de 2011

Petróglifos do monte Tetón


Os petróglifos poden considerarse como testemuñas milenarias dun pasado tan máxico como descoñecido que cómpre descubrirmos.
O complexo arqueolóxico do monte Tetón, en Tebra, conta coas combinacións circulares máis espectaculares de Europa, alén de muíños naviculares, escenas de monta e estrañas figuras humanas. Véxase a súa localización en http://g.co/maps/etbvm.

Un sendeiro cultural, o Ecoparque Arquolóxico Monte Tetón, con web de seu  www.monteteton.com



O Instituto de Estudos Miñoranos organiza periódicas visitas nocturnas a estas testemuñas da arte ruprestre galega que se poden contemplar na páxina desta asociación www.minhor.org.

Atréveste a pescudar por que os nosos antepasados non deixararían estas inscricións gravadas no granito?

Wordle: Tomiño

Sem comentários: